jueves, 24 de junio de 2010

miércoles, 16 de junio de 2010

Castro de Viladonga

Eran outros tempos...
Cando os Romanos chegaron a Galicia atoparon que os seus habitantes vivían en poboacións fortificadas provistas de unhas fortes defensas. Eran os castros.
Moitas destas poboacións permaneceron habitadas durante a ocupación romana. Un bó exemplo deste tipo de asentamentos é o castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei, que alcanzóu o seu maior esplendor entre os séculos II e V d. c.
Trátase dun dos xacementos máis importantes de Galicia debido tanto as súas dimensións como a estructura, conservada na súa totalidade. Sitúase no alto dun monte a 550 m de altitude e no seu interior podemos contemplar restos de construcións cuadrangulares e circulares, destacando unha de grandes dimensións, de planta rectangular.
As escavacións deste castro comezaron no ano 1971, continuando con labores de escavación e consolidación ata os nosos días. Foi declarado bén de interese cultural o 11 de decembro de 2009 e conta con un interesante museo monográfico.
Atópase a unha distancia de 23 km da cidade de Lugo pola estrada N-640 (Lugo-Ribadeo). Está sinalizado.
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 10 de junio de 2010

Festas de Matela

Un ano máis celébranse as festas patronais de Matela, os días 11, 12 e 13 de xuño, éste ano os responsables de elaborar o programa foron Pedro e Charly, que introduciron unha novidade importante no mesmo: o troco da vervea do domingo para o venres, unha decisión acertada ao meu parecer.
Como todas as festas dos arredores que se veñen celebrando dende tempo inmemorial, son unha oportunidade de reunión coa familia, amigos e veciños, algunhos dos cales soio vemos eses días en todo o ano.
Esta festa viñase facendo tradicionalmente o día 13 de nadal, pero debido a mala climatoloxía que se da normalmente neste tempo, trocóuse definitivamente para o mes de xuño, celebrándose por primeira vez nesta data o día 10 de xuño de 1956.

viernes, 4 de junio de 2010

San Vitorio (Damil)

Hoxe imoslle facer unha visita a capela do San Vitorio na parroquia de Damil (Begonte).
Trátase dunha ermida do século XVI de planta rectangular situada nunha paraxe tranquila e solitaria a beira do rio Miño, donde se celebraba ata non fai moitos anos unha romaría moi concurrida pola xente dos arredores o día 14 do mes de maio.
Conta con un adro cuberto sostido por dous pilares de cantería e no seu frente podemos contemplar un carballo centenario de grandes dimensións. Aos seus pés, xa perto do rio, atopamos unha fonte (que conta con unha inscripción datada no 1786), a que a crenza popular lle outorga as suas augas propiedades curativas para enfermidades da pel. De feito aínda hoxe vai moita xente con algunha doenza deste tipo, lavar alí a parte afectada, usando para elo un pano ou un trapo calquera que logo deixan atado colgando dun acibro ao seu carón, xa que según a tradición alí quedará o "mal", e a medida que o pano vaia podrecendo así irá desaparecendo a doenza.
O estado de conservación da capela é bastante regular, xa que tén goteiras e ademáis debido o deterioro da viga que sostén o teito do adro añadíronlle duas columnas de cemento non demasiado estéticas.
Para chegar a ela debemos partir de Rábade pola estrada LU-111 (Rábade-O Santo), no km 3,4 atopamos o peto de ánimas do S. Vitorio e ao seu carón a man dereita unha pista que nos levará ata a capela, a unhos 600 m.
Fotos: Moncho Vivero