domingo, 15 de agosto de 2010

IX esbatuxada, Rábade 2010

Era venres 13 de agosto: un grupo de intrépidos navegantes poñendo en grave risco a súa propia vida e a das troitas despistadas que por alí deambulaban, surcaron as perigosas augas do río Miño entre a ponte da autovía e a de pedra na novena edición da esbatuxada de Rábade.
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 12 de agosto de 2010

Milesios no Rabafolk

O mercores día 11 de agosto comezaron as festas de Rábade con unha nova edición do Rabafolk.
O elexido para inaugurar o festival, e por tanto os seguintes cinco días de festas foi o grupo chairego de música folk "Milesios", que tivo unha gran acollida por parte do numeroso público asistente ao concerto.
O gupo, de recente creación está fomado por seis compoñentes:
Manolo, Xesús, Brais, Manuel María, Paula e Breogán.
Fotos: Moncho Vivero

lunes, 9 de agosto de 2010

XXXI festival de Pardiñas

Un ano máis ven de celebrarse o pasado fin de semán, días 7 é 8 de agosto en Guitiriz, a XXXI edición do festival de Pardiñas.
Novamente hai que felicitar a asociación cultural Xermolos, pola perfecta organización do mesmo, que conta con unha interesante mostra de artesanía na que destaca especialmente a parte adicada os instrumentos musicais e donde, coma sempre, a protagonista é a música folk, da que se pode disfrutar ó longo de dous días cos mellores grupos e solistas galegos así como de outros lugares de Europa.
Fotos: Moncho Vivero