jueves, 25 de agosto de 2011

O San Alberte

Preto da estrada N VI, a altura do km 531, despois de cruzar a ponte medieval sobre o río Parga chegamos a capela do San Alberte, no camiño norte ao seu paso pola parroquia de Sambreixo, no concello de Guitiriz.
Ésta capela de estilo gótico feita con sillares de cantería nos que se poden apreciar numerosas marcas de canteiro conta con oito contrafortes, así como varios canzorros lisos e figurados, unha porta lateral de arco lixeiramente apuntado e unha fiestra oxival na súa cabeceira.
A poucos metros da capela atopamos unha fonte que según o decir popular e milagreira para os problemas da fala.














Fotos: Moncho Vivero.