Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de mayo de 2010

Imos para dentro...

Ferramentas de zoqueiro

Ferramentas de zapateiro, donadas polo sr. Angelito de Baamonde
.
Ferramentas de carpinteiro
.
No interior podemos contemplar varias coleccións de ferramentas e utensilios relacionados con diversos oficios e labores da vida cotidiana no mundo rural da Galicia do pasado, a maioría delas foron donadas polos seus propietarios, posteriormente restauradas e finalmente expostas.
Fotos: Moncho Vivero

martes, 11 de mayo de 2010

Elías traballando nun lousado

Despois de xurdir a ideia de convertir unha antiga corte nun local de ocio e cultura (aínda que privado, aberto a calquera que queira visitalo), e perfilado o seu deseño por parte de Moncho Vivero, foi rematada a súa restauración no ano 1997, na que paticiparon:
Canteiros: Elías é Alfonso (Vilela), Anxo Cobas (Bonxe).
Carpintería: Xose E. Tubío (Outeiro de Rei).
Electricidade: Fernando Bello.
Foto: Orlando Vivero


sábado, 8 de mayo de 2010

Descripción


"A CIBA DE MOI"´é o nome de un pequeno local ubicado en Matela, Outeiro de Rei (Lugo), que pretende ser un lugar donde poder observar diversas ferramentas e cachivaches relacionados coa forma de vida na Galicia rural do pasado, ao mesmo tempo que un recanto de xuntanza e de tertulia ou o sitio donde celebrar algunha festa, saborear un bó viño, ver un pase de diapositivas...
"A ciba de moi" debelle o seu curioso nome a meu irmau Orlando, aficionado e estudioso do "latín dos canteiros", ou "Verbo dos Arxinas" e máis ao Elías do Ver, de Vilela, o canteiro que se encargóu da sua restauración.
O seu significado literal é: "A casa de mín", é dicir: A miña casa, frase coa que agardo se sinta identificado calquera que a visite.
Foto: Moncho Vivero