viernes, 15 de julio de 2011

Ferramulín
















O progresivo abandono do campo galego fai que lugares bén fermosos como é o caso de Ferramulín, na serra do Courel, a beira do río Selmo vaian quedando despoboados, perdéndose desta maneira parte do noso rico patrimonio debido as duras condicións da vida no rural galego, especialmente nos lugares de alta montaña, así como a deixadez das administracións que non poñen ningún interese en facilitar a vida dos poucos habitantes que aínda quedan, en reparar infraestructuras (estradas...), en facer plans de rehabilitación, etc.
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 24 de marzo de 2011

Hórreos, cabazos, cabaceiros, canastros, cabaceiras, espigueiros, cabozos...

Os hórreos, construciós "agrarias" que se estenden por todo o norte da península, son especialmente abundantes en Galicia e no norte de Portugal. A súa función era preservar as colleitas da humidade e dos ratos, para o que se facían elevados do chan por medio de pés ou bases macizas de pedra.











Aínda que existen algunhos exemplares de forma cuadrada, os hórreos galegos son na súa gran maioría de planta rectangular e denominanse de diferente maneira en cada zona, polo que temos unha gran cantidade de nomes distintos que poder utilizar: cabazo, cabaceiro, canastro, cabozo, espigueiro, cabaceira...
Fotos: Moncho Vivero

viernes, 18 de febrero de 2011

Sta. Mariña do Dozo (Cambados)

Un dos munumentos máis emblemáticos da comarca do Salnés son as ruinas da igrexa gótica do século XVI de santa Mariña do Dozo; situadas na parte alta da vila de Cambados, foron declaradas monumento histórico artístico no ano 1943. Hoxe en día o cemiterio parroquial ocupa o adro así como o seu interior, no que se atopa soterrado moi preto do altar Joaquín Mª del Valle Inclán, o primeiro fillo varón de don Ramón Mª del Valle Inclán, finado no 1914 aos catro meses de idade.
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 3 de febrero de 2011

Ruta da pedra e da auga (3ª parte)

A derradeira parte do percorrido achéganos ao mosteiro cisterciense de Santa María de Armenteira, aínda habitado actualmente por unha comunidade de monxas, que se atopa en moi bó estado de conservación.
Destaca neste conxunto a igrexa románica de tres naves, na que podemos admirar a súa fachada con unha monumental portada de seis arquivoltas, coroada por un gran rosetón, así como a cabeceira composta por tres ábsides semicirculares de grandes dimensións.
Fotos: Moncho Vivero

viernes, 14 de enero de 2011

Ruta da pedra e da auga (Río Armenteira) 2ª parte

As vellas construccións fundense de novo coa natureza.
Fotos: Moncho Vivero