jueves, 29 de julio de 2010

Capela de Bravos - Vicinte (Outeiro de Rei)

No lugar de Bravos da parroquia de Vicinte, podemos ver a capela adicada a nosa sra do Rosario.
De orixe románico rural tivo unha importante reforma a principios do s. XV.
Preto dela atopamos un dos cruceiros máis antigos do concello.
Fotos: Moncho Vivero

viernes, 2 de julio de 2010

Cruceiro de Arcillá

O cruceiro de Arcillá está situado nunha encrucillada, foi construido no 1890 e tén unha base monolítica con inscripción, asentada sobor unha doble escaleira, conta con un fuste de sección poligonal cos instrumentos da paixón gravados nunha das súas caras, rematado por un capitel de estilo jónico no que se asenta a cruz, que tén por un lado a imaxe de Cristo, diante dél as figuras de san Xoán e a virxe, e polo outro a imaxe da Virxe dolorosa.
A súa iconografía, así como todo o conxunto de grande beleza e perfección dannos unha ideia da calidade artística do seu autor.
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 1 de julio de 2010

Os cruceiros

Un dos elementos máis relevantes da paisaxe rural galega son os cruceiros. Son monumentos relixiosos, utilizados en moitos casos pola igrexa para "cristianizar" antigos lugares de culto pagán. A súa tipoloxía vai dende a sinxela cruz de pedra, sen ningnha ornamentación ata as elaboradas obras de arte que se poden divisar por calquera recuncho de Galicia. Na Terra Chá deixaron a súa pegada os canteiros de Román (Vilalba), aos que se debe unha boa parte deles, alá polas derradeiras décadas do século XIX, sendo todos de unha grande calidade artística.
No seu orixe estiveron policromados na súa maioría, feito que pode comprobarse aínda hoxe, dado que moitos deles conservan parte da súa policromía.
O seu orixe sitúase a mediados do século XIV e non se sabe con exactitude cantos hai en Galicia, anque segundo algunhos estudos calcúlase que deben existir arredor dos 12000.
Foto: Moncho Vivero