viernes, 18 de febrero de 2011

Sta. Mariña do Dozo (Cambados)

Un dos munumentos máis emblemáticos da comarca do Salnés son as ruinas da igrexa gótica do século XVI de santa Mariña do Dozo; situadas na parte alta da vila de Cambados, foron declaradas monumento histórico artístico no ano 1943. Hoxe en día o cemiterio parroquial ocupa o adro así como o seu interior, no que se atopa soterrado moi preto do altar Joaquín Mª del Valle Inclán, o primeiro fillo varón de don Ramón Mª del Valle Inclán, finado no 1914 aos catro meses de idade.
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 3 de febrero de 2011

Ruta da pedra e da auga (3ª parte)

A derradeira parte do percorrido achéganos ao mosteiro cisterciense de Santa María de Armenteira, aínda habitado actualmente por unha comunidade de monxas, que se atopa en moi bó estado de conservación.
Destaca neste conxunto a igrexa románica de tres naves, na que podemos admirar a súa fachada con unha monumental portada de seis arquivoltas, coroada por un gran rosetón, así como a cabeceira composta por tres ábsides semicirculares de grandes dimensións.
Fotos: Moncho Vivero