martes, 23 de noviembre de 2010

Parque natural do río Barosa

Situado no concello de Barro (provincia de Pontevedra), un lugar para pasar unha tarde relaxada, disfrutando das numerosas fervenzas e muiños (algunhos deles restaurados) dun percorrido con pouca dificultade a beira do río Barosa, que fará que a nosa imaxinación nos traslade no tempo unhas décadas atrás, cando había no lugar unha intensa actividade.
Fotos: Moncho Vivero

viernes, 12 de noviembre de 2010

Crecida do río Miño no ano 2000

Coa chegada do inverno veñen as choivas, e con elas a crecida dos ríos. Aínda que agora xa non chove tanto como antes sempre hai algún ano que as precipitaciós son máis abundantes e os ríos saen do seu caudal.
A derradeira gran crecida do río Miño tivo lugar o ano 2000, no que subíu o seu nivel habitual varios metros producindo asolagamentos importantes en todo o seu curso, afectando especialmente a terra chá, na que quedóu baixo as augas boa parte do seu territorio.
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 4 de noviembre de 2010

A música en imaxes

Galicia, terra de música, donde hai milleiros de músicos por vocación, persoas anónimas, que manteñen vivas as romerías, feiras, festas, verbeas e foliadas da nosa terra. Quén non cantóu a rianxeira nunha noite de troula? Quén non bailóu a muiñeira de Chantada na festa do seu povo?
Para todos eles vaia esta homenaxe, para que sigan mantendo viva esa parte do noso patrimonio cultural, e a música galega perviva por sempre.
Fotos: Moncho Vivero