A orografía, sin elevacións de terreo importantes, similar a de toda a terra chá é a razón de que non se atopen as vivendas en núcleos de poboación concentrados, senon unha aquí e outra alá dispersas pola súa verde paisaxe.
A súa climatoloxía con abundancia de choivas, moi calurosa nos meses de xuño, xullo e agosto, suave en primavera e outono e moi fría no inverno, fai que no seu fértil chan abunde unha variada flora, rica especies autóctonas, carballeiras, en serio perigo de extinción dada a súa tala indiscriminada en algunhos lugares, debido a falla de protección por parte dos organismos oficiais, sendo repoboadas en algunhos casos por especies invasoras e agresivas co medio ambiente como pode ser o eucalipto.
Tamén se poden contemplar nos meses de outono e primavera gran cantidade de setas, moitas delas comestibles, así como unha gran variedade de plantas e froles silvestres.
Debido ao abandono progresivo das labores agrícolas e gandeiras por parte dos seus habitantes (a causa da crise do sector), e a conseguinte repoboación forestal, así como a falla de coidado das zonas arboladas ou de monte raso, a fauna local está a sufrir unha transformación de un tempo a esta parte, podéndose observar como xunto coas especies de toda a vida, agora conviven outras que non eran tan habituais ata fai unhos anos como son o corzo, o xabarí, porco teixo...
Fotos: Moncho Vivero
No hay comentarios:
Publicar un comentario