Seguimos a nosa viaxe pola provincia de Pontevedra na comarca do Salnés, e atopamos a ruta da pedra e da auga entre os concellos de Meis e Ribadumia.
Ésta ruta lévanos en hora e media, dende os muiños de Barrantes ata o mosteiro de Armenteira pola beira do río do mesmo nome, e nela poderemos disfrutar dunha fermosa paisaxe na que destacan os 33 muiños, algunhos deles restaurados, un lavadoiro, os restos das canalizaciós para a auga, as pequenas pontes de pedra, as fervenzas do río, para ao final do percorrido poder contemplar a impresionane vista do mosteiro da Armenteira, aínda en funcionamento e en moi bo estado de conservación.
Fotos: Moncho Vivero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario