A derradeira parte do percorrido achéganos ao mosteiro cisterciense de Santa María de Armenteira, aínda habitado actualmente por unha comunidade de monxas, que se atopa en moi bó estado de conservación.
Destaca neste conxunto a igrexa románica de tres naves, na que podemos admirar a súa fachada con unha monumental portada de seis arquivoltas, coroada por un gran rosetón, así como a cabeceira composta por tres ábsides semicirculares de grandes dimensións.
Fotos: Moncho Vivero
3 comentarios:
¿O edificio da dreita é rectoral ou claustro?
Talogo.
Belisima ruta, dou fe
O edificio da dereita son as dependencias das monxas, o claustro está por detrás.
Publicar un comentario