jueves, 25 de agosto de 2011

O San Alberte

Preto da estrada N VI, a altura do km 531, despois de cruzar a ponte medieval sobre o río Parga chegamos a capela do San Alberte, no camiño norte ao seu paso pola parroquia de Sambreixo, no concello de Guitiriz.
Ésta capela de estilo gótico feita con sillares de cantería nos que se poden apreciar numerosas marcas de canteiro conta con oito contrafortes, así como varios canzorros lisos e figurados, unha porta lateral de arco lixeiramente apuntado e unha fiestra oxival na súa cabeceira.
A poucos metros da capela atopamos unha fonte que según o decir popular e milagreira para os problemas da fala.














Fotos: Moncho Vivero.

3 comentarios:

Ulmo de Arxila dijo...

Fermosas fotografias! Tenho muita gana de voltar ao Santo Alberte. Aí foi onde me levárom oferecido meus avôs sendo eu um cativo, porque seica prendia algo ao falar e fôrom pedir a intercessom do Santo Alberte. Por certo, o santo cumpriu a sua parte, que agora falo até debaixo da água ;-)
Um saúdo!

Moncho Vivero dijo...

Pois queda demostrado que a fonte e milagreira, e o Santo Alberte aínda non está xubilado. Cando veñas pola terrá chá dasme un toque e lévote a visitar de novo eses recantos que aínda quedan por ahí perdidos. Grazas polo das fotos. Unha aperta.

Suso dijo...

Os canteiros xa coñecían a pornografía en aqueles tempos...