Moitas veces, cando temos unhas horas ou unha tarde libre, non sabemos moi bén qué facer e pensamos en ir a dar unha volta, para logo rematar desistindo porque cremos que para ver algo interesante hai que deprazarse lonxe, sin darnos conta que a poucos metros temos unha gran cantidade de cousas que merecen a pena e que a miúdo nos pasan desapercibidas.
Hoxe vouvos invitar a dar un paseo polas carballeiras que rodean a miña casa, donde non atoparedes rutas de sendeirismo sinalizadas, senon aqueles carreiros de toda a vida ou as vellas corredoiras, hoxe abandoadas nas que ata non fai moitos anos aínda se percibían as rodeiras dos carros.
Calquera tempo é bó, en cada estación do ano podemos disfrutar de cousas novas: as que levan ahí toda a vida sin cambiar (fontes, regatos, paredes, chantados...), e as que cada vez que as miramos nos ofrecen algo novo, os diferentes tonos no colorido das árbores (carballos, castiñeiros, ameneiros, abidueiras, salgueiros, acibros...) según a estación, as froles, os fientos, liquens, fungos, erbas e prantas de todo tipo, as volvoretas, abellas sempre traballando, insectos, aves e paxaros que amenizarán o noso paseo coas suas melodías.
Soio vos pido unha cousa: cando rematemos o paseo, que ninguén note que pasamos, debemos deixar todo igual que o atopamos, así, calquera que veña despois, poderá disfrutar do mesmo que nós disfrutamos. Imos aló...
Fotos: Moncho Vivero
2 comentarios:
¡ Que maravilla !
Gracias, todavía quedan paraisos cercanos.
Publicar un comentario