Eran outros tempos...
Cando os Romanos chegaron a Galicia atoparon que os seus habitantes vivían en poboacións fortificadas provistas de unhas fortes defensas. Eran os castros.
Moitas destas poboacións permaneceron habitadas durante a ocupación romana. Un bó exemplo deste tipo de asentamentos é o castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei, que alcanzóu o seu maior esplendor entre os séculos II e V d. c.
Trátase dun dos xacementos máis importantes de Galicia debido tanto as súas dimensións como a estructura, conservada na súa totalidade. Sitúase no alto dun monte a 550 m de altitude e no seu interior podemos contemplar restos de construcións cuadrangulares e circulares, destacando unha de grandes dimensións, de planta rectangular.
As escavacións deste castro comezaron no ano 1971, continuando con labores de escavación e consolidación ata os nosos días. Foi declarado bén de interese cultural o 11 de decembro de 2009 e conta con un interesante museo monográfico.
Atópase a unha distancia de 23 km da cidade de Lugo pola estrada N-640 (Lugo-Ribadeo). Está sinalizado.
Fotos: Moncho Vivero
No hay comentarios:
Publicar un comentario