Un ano máis celébranse as festas patronais de Matela, os días 11, 12 e 13 de xuño, éste ano os responsables de elaborar o programa foron Pedro e Charly, que introduciron unha novidade importante no mesmo: o troco da vervea do domingo para o venres, unha decisión acertada ao meu parecer.
Como todas as festas dos arredores que se veñen celebrando dende tempo inmemorial, son unha oportunidade de reunión coa familia, amigos e veciños, algunhos dos cales soio vemos eses días en todo o ano.
Esta festa viñase facendo tradicionalmente o día 13 de nadal, pero debido a mala climatoloxía que se da normalmente neste tempo, trocóuse definitivamente para o mes de xuño, celebrándose por primeira vez nesta data o día 10 de xuño de 1956.
3 comentarios:
Vexo que por ahí tedes unhas rapazas moi xeitosas no campo da festa. As fotos dos santos non me interesan tanto.
Unha aperta.
Publicar un comentario