Situado no concello de Barro (provincia de Pontevedra), un lugar para pasar unha tarde relaxada, disfrutando das numerosas fervenzas e muiños (algunhos deles restaurados) dun percorrido con pouca dificultade a beira do río Barosa, que fará que a nosa imaxinación nos traslade no tempo unhas décadas atrás, cando había no lugar unha intensa actividade.
Fotos: Moncho Vivero
4 comentarios:
non o ensines moito moncho, que aínda a algún iluminado se lle ha de ocurrir construír un encoro......
Deso nunca estamos libres, sempre aparece algunha mente prodixiosa con ideias brillantes, que no nome do "progreso" se adica a expoliar o noso patrimonio.
Nestes dias de neve e friaxe, reconforta ver estas fermosas paisaxes primaveirais.
Estou ansioso de que volvas a acercarnos belezas sen par coma as que nos traes.
Un saudo Monchiño.
Gracias Valentín, estes días ando algo liado, que teño a meu pai malo (hospitalizado) e non teño moito tempo, pero agardo actualizar esto axiña. Un saudo.
Publicar un comentario