viernes, 4 de junio de 2010

San Vitorio (Damil)

Hoxe imoslle facer unha visita a capela do San Vitorio na parroquia de Damil (Begonte).
Trátase dunha ermida do século XVI de planta rectangular situada nunha paraxe tranquila e solitaria a beira do rio Miño, donde se celebraba ata non fai moitos anos unha romaría moi concurrida pola xente dos arredores o día 14 do mes de maio.
Conta con un adro cuberto sostido por dous pilares de cantería e no seu frente podemos contemplar un carballo centenario de grandes dimensións. Aos seus pés, xa perto do rio, atopamos unha fonte (que conta con unha inscripción datada no 1786), a que a crenza popular lle outorga as suas augas propiedades curativas para enfermidades da pel. De feito aínda hoxe vai moita xente con algunha doenza deste tipo, lavar alí a parte afectada, usando para elo un pano ou un trapo calquera que logo deixan atado colgando dun acibro ao seu carón, xa que según a tradición alí quedará o "mal", e a medida que o pano vaia podrecendo así irá desaparecendo a doenza.
O estado de conservación da capela é bastante regular, xa que tén goteiras e ademáis debido o deterioro da viga que sostén o teito do adro añadíronlle duas columnas de cemento non demasiado estéticas.
Para chegar a ela debemos partir de Rábade pola estrada LU-111 (Rábade-O Santo), no km 3,4 atopamos o peto de ánimas do S. Vitorio e ao seu carón a man dereita unha pista que nos levará ata a capela, a unhos 600 m.
Fotos: Moncho Vivero

10 comentarios:

Suso dijo...

Se os políticos corruptos tiveran un chiringuito de pedra onde curar a súa enfermidade, case todos andariamos espidos debido ós altos prezos dos trapos.

Moncho Vivero dijo...

Hai algún político que non sexa corrupto?

Suso dijo...

Rapaz, que nos van meter no cárcere.

Suso dijo...

Na de Bonxe, por exemplo.

Moncho Vivero dijo...

Non creo, manternos a nós non lles sale barato.

Elea dijo...

Así que este é o teu rincón secreto... ou non tan secreto...
Preciosísimas fotos, que merecen máis tempo do que teño agora mesmo.
Prometo volver caer por aquí. Gustoume!

Moncho Vivero dijo...

Gracias Elea, éste é o meu recanto non tan secreto no que mostro os meus recantos secretos...

Ulmo de Arxila dijo...

Boas! Nom sabia eu deste recanto que tinhas aqui montado! Emocionei-me vendo todas as fotografias que tes do Sam Vitório, inclusive da imagem do peto de ánimas que roubárom hai anos. Creio que nos apresentárom pessoalmente hai vários anos numha dessas romarias do Sam Vitório que argalharam as Brigadas em Defesa do Património Chairego. Tu eras de Cela, ou estou equivocado?
Um saúdo!

Moncho Vivero dijo...

Hola Ulmo de Arxila, Grazas polo comentario e perdoa por non terche contestado antes, pero tiven algunhos problemas que me tiveron ocupado. Eu son de Matela, e supoño que nos veríamos nunha daquelas romarías aínda que non recordo quén eres, de todolos xeitos quedas convidado a visitar o meu "recanto" cando queiras. Se queres poñerte en contacto comigo- o meu correo e: monchomatela@gmail.com, un saúdo dende a terra cha.

Ulmo de Arxila dijo...

Aceito gostoso a invitaçom! Tenho gana de conhecer essa Ciba de Moi, sobretodo sendo como som neto de canteiros da freguesia de Cela ;-) Um abraço!